domingo, 13 de enero de 2013

Comentario dun vídeo 2.

Neste vídeo de Paco Rabbane, podemos ver que en 30 segundos cambias os planos moi rápido, imaxes que van pasando en milésimas de segundo. O pequeno corto comeza cun primeiro plano onde o modelo mira para abaixodando unha sensación de misterio. Hai planos detalle como a man chascando os dedos, uns dados caer, a luz dun coche ou uns beizos. Hai obxectos como os dados que dan a sensación de xogo entre o home e a muller. A bolsa de cartos que poden dar a sensación de éxito ou tamén aparece unha ruleta que comparte o significado cos dados. Tamén podemos observar que en todo o vídeo os tonos de luz son oscuros, en ocasións contrástase o oscuro da roupa coa luz dos flashes de cámaras dando a sensación de misterio ou sensual. Os tonos oscuros como o negro ou grises inspiran elegancia ou formalidade e vemos o modelo vestido de traxe e con camisa. O obxectivo deste anuncio é vender unha fragancia e intenta conseguilo a través de todo o que citamos anteriormente, a elegancia, que con ela se pode conseguir calquera muller que desees, o éxito tanto plasmado en coches ou en billetes, etc.

sábado, 10 de noviembre de 2012




Neste pequeno anuncio de tan so 30 segundos pódense apreciar varias cousas se se mira con certo interés.
Primeiro, e o máis importante, o obxectivo deste anuncio é vender, coma os outros todos, e neste caso un perfume de Paco Rabanne. Para intentar que o compremos amósanos un home novo, guapo, seguro de si mesmo, con un toque de conquistador, e quérenos decir, por así decilo, que ao compralo poderemos ter todo o que deseamos, ser seguros de si mesmos, atractivos, sensuais, ter cartos...Os planos deste anuncio son relativamente cortos, cambia dunha imaxe a outra se decatarnos case, e as imaxes son variadas todas pero con un obxectivo en común.