Neste vídeo de Paco Rabbane, podemos ver que en 30 segundos cambias os planos moi rápido, imaxes que van pasando en milésimas de segundo. O pequeno corto comeza cun primeiro plano onde o modelo mira para abaixodando unha sensación de misterio. Hai planos detalle como a man chascando os dedos, uns dados caer, a luz dun coche ou uns beizos. Hai obxectos como os dados que dan a sensación de xogo entre o home e a muller. A bolsa de cartos que poden dar a sensación de éxito ou tamén aparece unha ruleta que comparte o significado cos dados. Tamén podemos observar que en todo o vídeo os tonos de luz son oscuros, en ocasións contrástase o oscuro da roupa coa luz dos flashes de cámaras dando a sensación de misterio ou sensual. Os tonos oscuros como o negro ou grises inspiran elegancia ou formalidade e vemos o modelo vestido de traxe e con camisa. O obxectivo deste anuncio é vender unha fragancia e intenta conseguilo a través de todo o que citamos anteriormente, a elegancia, que con ela se pode conseguir calquera muller que desees, o éxito tanto plasmado en coches ou en billetes, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario